No PAAR podemos ver a representación máis impresionante de Europa de caza dun cervo.
RockArtRoll
RockArt Roll é unha proposta de itinerarios e actividades para coñecer e gozar o patrimonio rupestre de Terras de Pontevedra.
¿Que ofrecemos?
A posibilidade de achegarnos a homes e mulleres que hai 4.000 anos nos legaron uns extraordinarios deseños gravados nas rochas. Veremos quen eran, como vivían, como era a súa vida cotiá e cales eran as súas crenzas.
A experiencia
Consistirá en varios itinerarios e actividades que nos levarán por algúns dos conxuntos rupestres máis importantes de Europa, localizados aquí, a poucos minutos da cidade de Pontevedra.
Incluímos:
- Desprazamento aos lugares en autobús ou minibús
- Acompañamento de guías especializados e arqueólogos
- Realización de actividades participativas e didácticas que nos achegarán ao mundo da arte rupestre